Con berros de “Independencia!”, ou “Galiza ceibe, poder popular!”, milleiros de persoas manifestáronse este venres polas rúas de Compostela con motivo do Día da Patria, na tradicional marcha que o BNG convoca cada 25 de xullo «pola soberanía» de Galicia e co nacionalismo como «esperanza de futuro».
Baixo o lema ‘En pé por Galiza. Soberanía, democracia, dereitos’, a marcha partiu da Alameda pasadas as 12 e cuarto, onde o voceiro nacional do Bloque, Xavier Vence, chamou a «sumar forzas» para un «grande proxecto» nacionalista de esquerdas, co obxectivo de que todos estean «unidos» arredor das «reivindicacións de país e nación».
Os manifestantes, entre eles membros de colectivos de diverso tipo, como Afectados polas ou emigrantes xubilados retornados, ateigaron a Praza da Quintana onde desplegouse unha xigantesca bandeira de Galicia.
