Vítimas do tren de Angrois esixen “verdade, xustiza e non máis mentiras”

Vítimas e familiares dos mortos e feridos no accidente de Angrois, que cumpre este xoves 24 de xullo o seu primeiro aniversario, concentráronse este xoves na Praza do Obradoiro para esixir “verdade, xustiza e non máis mentiras”. Ese era o lema que levaban nas súas camisolas amarelas mentras que na pancarta que collían leíase ‘Transparencia e non mentiras. Comisión de investigación. Vítimas tren Santiago’.

En declaracións aos xornalistas, a deputada do Partido Popular na Asemblea de Madrid, Teresa Gómez-Limón, membro da Plataforma Vítimas Alvia 04155, censurou a falla de colaboración da ministra de Fomento, “díxonos que ía colaborar coa xustiza e non o fixo, como amosa a tardanza en enviar os documentos que pediu o xuiz ou que 12 imputados de Adif se negasen a declarar”. Gómez-Lomón, ainda que recoñezeu o seu dereito a non prestar declaración engadiu que “pensábamos que se non se ten nada que ocultar o que teñen que facer é declarar e colaborar coa Xustiza para que se saiba a verdade”.

A deputada popular criticou que o seu propio partido e o Socialista negasen “10 ou 20 veces” a constitución dunha comisión de investigación e enfatizou, “dende logo a verdade non a queren saber, porque o único que din é mentiras”.

A primeira desas “mentiras”, segundo as vítimas, foi decir que era un tren con tecnoloxía punta e a mellor seguridade do mundo cando a realidade foi que “era un tren que o único que tiña de alta velocidade era a velocidade; pero non cumpría ningunha das normativas que esixe a Unión Europea”.

 

También te puede interesar