Vítimas do tren de Angrois esixen «verdade, xustiza e non máis mentiras»

Vítimas e familiares dos mortos e feridos no accidente de Angrois, que cumpre este xoves 24 de xullo o seu primeiro aniversario, concentráronse este xoves na Praza do Obradoiro para esixir «verdade, xustiza e non máis mentiras». Ese era o lema que levaban nas súas camisolas amarelas mentras que na pancarta que collían leíase ‘Transparencia e non mentiras. Comisión de investigación. Vítimas tren Santiago’.

En declaracións aos xornalistas, a deputada do Partido Popular na Asemblea de Madrid, Teresa Gómez-Limón, membro da Plataforma Vítimas Alvia 04155, censurou a falla de colaboración da ministra de Fomento, “díxonos que ía colaborar coa xustiza e non o fixo, como amosa a tardanza en enviar os documentos que pediu o xuiz ou que 12 imputados de Adif se negasen a declarar”. Gómez-Lomón, ainda que recoñezeu o seu dereito a non prestar declaración engadiu que “pensábamos que se non se ten nada que ocultar o que teñen que facer é declarar e colaborar coa Xustiza para que se saiba a verdade».

A deputada popular criticou que o seu propio partido e o Socialista negasen “10 ou 20 veces” a constitución dunha comisión de investigación e enfatizou, “dende logo a verdade non a queren saber, porque o único que din é mentiras».

A primeira desas «mentiras», segundo as vítimas, foi decir que era un tren con tecnoloxía punta e a mellor seguridade do mundo cando a realidade foi que “era un tren que o único que tiña de alta velocidade era a velocidade; pero non cumpría ningunha das normativas que esixe a Unión Europea».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.