Vigo al minuto

Os rapaces disfrutan do campamento ‘Verán no Castro’

O alcalde facendo de Guillermo Tell...ainda que ningún concelleiro quixo soster unha mazá na cabeza/Tresyuno Comunicación

Os 30 nenos, de entre 4 e 12 anos, participantes no campamento “Verán no Castro”- dende o 16 de xullo ao 1 de agosto- disfrutan de actividades deportivas, creativas e de expresión baixo a supervisión de cinco profesionais. Esta proposta forma parte das 20.000 prazas que oferta o Concello este verán.

O alcalde, que estivo neste campamento,  explicou que o Concello oferta neste campamento un aula matinal e servizo de comedor para a primeira e a última hora da mañá, respectivamente. No mesmo desenrolan accións de carácter deportivo, creativo e de expresión, para concluir cunha festa da escuma na última xornada.

 

 

También te puede interesar