Comarcas

Manifestacións o 25 de xullo con motivo do Día da Patria Galega

En Santiago de Compostela, coa celebración do Día da Patria Galega, a Confederación Intersindical Galega (CIG) realiza un chamamento á cidadanía para participar nas mobilizacións convocadas no 25 de xullo, para reivindicar a soberanía nacional, a xustiza social e a solidariedade.

O organismo anuncia no comunicado da súa páxina web que “a participación é máis necesaria que nunca para amosar o rexeitamento da clase traballadora galega ás políticas que está a aplicar a dereita española no noso país”, engadindo que “abocan a milleiros de mozos e mozas á emigración, provocando a perda constante de dereitos laborais, baixadas de salarios e aumentos de xornada”.

No contexto da Patria Galega, o colectivo anima aos cidadáns a involcrarse tanto nas mobilizacións como nos distintos actos convocados, nos diversos puntos da comunidade galega.

 

You may also like