Vigo al minuto

Colectivos vigueses crean a ‘Asemblea dos Dereitos Sociais’ contra a “nefasta política de benestar do Concello”

Membros do colectivo IMAN co alcalde/Tresyuno Comunicación

Varios colectivos e organizacións de Vigo veñen de crear a plataforma social ‘Asemblea dos Dereitos Sociais’, para dar resposta á “nefasta política de benestar” do Concello, segundo indicaron membros da mesma.

Nela intégranse a CGT, Rede Solidaria Popular, a Federación de Asociacións Veciñais “Eduardo Chao” (FAVEC), a Asociación de Veciños de Fragoso e San Roque, a Oficina Dereitos Sociais, o colectivo IMÁN, o Sindicato Ferroviario e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Como primeira ‘acción’, a Asamblea organizará un ciclo de concertos solidarios na área metropolitana  nas que o diñeiro recadado será doado ás familias en perigo de exclusión social– o primeiro deles será este sábado ás 7 e media da tarde na Asociación de Veciños Val do Fragoso-.

Ademáis, o vindeiro xoves, día 24, na Praza do Rei, convocaron a unha concentración, ao mediodía, na que farán unha ‘performance’ reivindicativa.

 

También te puede interesar