Vigo al minuto

Colectivos vigueses crean a ‘Asemblea dos Dereitos Sociais’ contra a «nefasta política de benestar do Concello»

Membros do colectivo IMAN co alcalde/Tresyuno Comunicación

Varios colectivos e organizacións de Vigo veñen de crear a plataforma social ‘Asemblea dos Dereitos Sociais’, para dar resposta á «nefasta política de benestar» do Concello, segundo indicaron membros da mesma.

Nela intégranse a CGT, Rede Solidaria Popular, a Federación de Asociacións Veciñais «Eduardo Chao» (FAVEC), a Asociación de Veciños de Fragoso e San Roque, a Oficina Dereitos Sociais, o colectivo IMÁN, o Sindicato Ferroviario e a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH).

Como primeira ‘acción’, a Asamblea organizará un ciclo de concertos solidarios na área metropolitana  nas que o diñeiro recadado será doado ás familias en perigo de exclusión social– o primeiro deles será este sábado ás 7 e media da tarde na Asociación de Veciños Val do Fragoso-.

Ademáis, o vindeiro xoves, día 24, na Praza do Rei, convocaron a unha concentración, ao mediodía, na que farán unha ‘performance’ reivindicativa.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.