RGPD - Cookies
Galicia

Centos de universitarios matricúlanse nas titulacións con límite de prazas das tres universidades galegas

Este venres péchase o primeiro prazo de matrícula para as  11.791 titulacións con límite de prazas das tres universidades galegas.  Este primeiro prazo está destinado a alumnos de PAU, titulados de FP, alumnos maiores de 25 anos ou estranxeiros de países non membros da UE, entre outros colectivos, que poderán realizar a súa inscrición ata as 2 da tarde de hoxe.

Campus de Santiago ofrece un total de 3.570 prazas neste tipo de titulacións, entre elas Medicina cun límite de 350, Farmacia con 200 ou Dereito, con 180, entre moitas outras opcións académicas. En Lugo, o total ascende a 1.048.

A Universidade da Coruña, conta con 2.843 prazas en títulos con números clausus para o campus da cidade e outras 620 para as instalacións na cidade de Ferrol.

O campus de Vigo conta con 2.125 prazas en carreiras con límite, mentres que o campus de Ourense ofrece 870 e Pontevedra unhas 715.

 

También te puede interesar