RGPD - Cookies
Galicia

76 feridos noutra fin de semana sen mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante esta fin de semana a 76 persoas implicadas nos 56 accidentes de circulación que houbo nas estradas galegas entre o mediodía do venres e a media noite do domingo.

A Central de Coordinación do 061 recibiu, durante estes días, 65 chamadas en relación a accidentes de tráfico, que xeraron 56 asistencias sanitarias. A maior parte dos accidentes, 24, foron en A Coruña, mentres que en Pontevedra se rexistraron 20, en Lugo 8 e en Ourense 4.

En total mobilizáronse durante a fin de semana 85 recursos sanitarios. En concreto, a ambulancia medicalizada acudiu a catro sinistros, as ambulancias asistenciais participaron en 63 atencións, e os médicos de Atención Primaria participaron en nove casos. As ambulancias concertadas rexistraron nove mobilizacións.

En 72 casos trasladouse  a hospitais e en catro ocasións foron atendidos no mesmo lugar do acidente, sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar