Deportes

Aberto o prazo para inscribirse no Triatlón Popular Vila de Baiona

O domingo 20 de xullo terá lugar a terceira convocatoria do Triatlón Popular semi-indoor Vila de Baiona. O prazo de inscripción permanecerá aberto ata o xoves 17 ás 12:00 horas, cun prezo de 3 euros por participante. Recibirán a camiseta conmemoriativa os inscritos antes do domingo 13 de xullo.

Na Praia Ribeira, a distancia a nado é de 500 metros; 10 kms o percorrido en bicicleta estática; e a carreira a pé consta de dúas voltas ao parador.

O pago deberá ingresarse no número de conta: 0075-8960-45-0600265754 do Banco Popular ou en efectivo no Centro Deportivo Val Miñor. Máis información no pabellón de deportes de Baiona, no contacto telefónico 986 35 65 58 ou no correo electrónico, [email protected]

También te puede interesar