Galicia

Vítimas do Accidente de Angrois advirten que non queren a político algún nos actos do primeiro aniversario da traxedia

As vitimas do Accidente de Angrois, que o vindeiro 24 de xullo lembrarñan, en Compostela, aos seus familiares e amigos, un ano despois da traxedia na que morreron 79 persoas e outras 150 ferironse de distinta gravidade, non queren que ningún político se achegue aos actos conmemorativos.

Os mesmos serán  ás 5 da tarde, na Catedral de Santiago, e ás 7 e media do serán en Angrois. Aínda que recoñecen que a misa da catedral é un acto público e non poderán evitar que os políticos se senten preto deles, as dúas asociacións de vítimas pregan “encarecidamente” que os devanditos responsables públicos “se absteñan do máis mínimo achegamento aos perxudicados para evitar, asi, situación non desexadas”.

Ademaís delo, adiantan que o acto de Angrois é so dos familiares e amigos das vítimas e no mesmo “negamos a asistencia de calquera representante político que se achegue como tal coa intención clara de lograr unha foto propagandística, algo que non consentiremos”.

Esta negativa a que calqueira político se presente nos actos de lembranza ás vítimas do accidente, coñécese o mesmo día no que a Xunta anunciou que a Medalla de Galicia deste ano foille concedida a elas.

 

También te puede interesar