Vigo al día

Centos de persoas maniféstanse en Citroën para esixir a readmisión de dous traballadores despedidos

Centos de persoas manifestáronse en Vigo este xoves para pedir a readmisión de dous traballadores que foron despedidos de Citroën e amosar a súa solidariedade con outros dous empregados da planta viguesa que están en folga de fame para denunciar eses despedimentos.

Os responsables sindicais afirmaron durante a marcha- que percorreu as inmediacións da fábrica, que no van a deixar as medidas de presión e calificaron de “represivo” o comportamento da empresa cos afiliados da CIG.

Manuel Domínguez -secretario da sección sindical- e Ernestina Rodríguez, que relevaron este martes a outros compañeiros que foron hospitalizados tras unha semana de xaxún, se manterá en folga de fame tanto que non se readmita os dous despedidos, segundo subliñaron os representantes do sindicato, que confirmaron que o responsable de persoal de Citroën pediulles que deixen a mesma comprometéndose  a revisar os métodos sancionadores.

“Non queremos palabras, queremos feitos, e os feitos son que se readmita aos despedidos”, advertiron os traballadores quenes engadiron que “o que pasa en Citroën é consecuencia das actuais políticas de recortes e precarización”.

 

También te puede interesar