Vigo al minuto

Este verán entregaranse nas praias de Vigo 2.500 pulseiras identificativas para rapaces

O Concello fará entrega este verán de 2.500 pulseiras para aqueles que o desexen e se acheguen á sede da Policía Local de Samil ou aos postos municipais de socorrismo -xestionados pola Cruz Vermella- nas praias de Samil, O Vao e Rodas. A pulseira levará datos de contacto e a Policía Local elaborará un rexistro que facilite a identificación dos usuarios.

Os axentes do 092, a Cruz Vermella e Protección Civil contan cun protocolo de actuación co procedemento a seguir en caso de perda dun menor pero dende o Concello salientan que as pulseiras dan “todas a garantias” no caso de perda dun neno evitando “os momentos de tensión” ás familias – como os que sofriron o verán pasado coa perda de máis de 150 rapaces nas praias de Vigo.

O servizo municipal de salvamento e socorrismo opera en dez praias e está composto por 60 socorristas e 15 axentes da unidade Costa e Praia da Policía Local.

 

 

También te puede interesar