Vigo al minuto

Este verán entregaranse nas praias de Vigo 2.500 pulseiras identificativas para rapaces

O Concello fará entrega este verán de 2.500 pulseiras para aqueles que o desexen e se acheguen á sede da Policía Local de Samil ou aos postos municipais de socorrismo -xestionados pola Cruz Vermella- nas praias de Samil, O Vao e Rodas. A pulseira levará datos de contacto e a Policía Local elaborará un rexistro que facilite a identificación dos usuarios.

Os axentes do 092, a Cruz Vermella e Protección Civil contan cun protocolo de actuación co procedemento a seguir en caso de perda dun menor pero dende o Concello salientan que as pulseiras dan «todas a garantias» no caso de perda dun neno evitando “os momentos de tensión” ás familias – como os que sofriron o verán pasado coa perda de máis de 150 rapaces nas praias de Vigo.

O servizo municipal de salvamento e socorrismo opera en dez praias e está composto por 60 socorristas e 15 axentes da unidade Costa e Praia da Policía Local.

 

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.