Galicia

67 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 67 persoas debido a 52 accidentes de tráfico acontecidos nas estradas galegas dende as 3 da tarde do venres e a medianoite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o domingo, con 19 accidentes.

A central de coordinación do 061 recibiu nestes días 59 chamadas en relación con accidentes de tráfico, estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu 67 persoas. Por provincias, Pontevedra e A Coruña foron as que rexistraron máis accidentes, con 23, respectivamente, durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos foron 69. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, as asistenciais mobilizáronse en 51 ocasións e os médicos de atención primaria prestaron asistencia sanitaria en seis. As ambulancias concertadas, segundo apunta o 061, recibiron cinco requirimentos.

Por último, en 63 casos, os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en catro foron atendidos no propio lugar do incidente, sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar