Comarcas

A Deputación destina 1 millón a concellos para actividades culturais, deportivas e sociais

A Deputación de Pontevedra aprobou a concesión de axudas aos concellos da provincia para o financiamento de actividades culturais, deportivas e sociais, no marco do Plan de Acción Municipal, cun importe dun millón de euros.

Subvenciónanse 215 actividades en toda a provincia, das cales o 40 % son de carácter socio-cultural como actividades formativas e de dinamización social, cursos de reforzo escolar, campamentos infantís e xuvenís, ludotecas, obradoiros, ximnasia, escolas de pais, ciclos de cinema, teatro, arte, festivais de música, e outros.

Así mesmo, a Deputación informou a través dunha nota de prensa que, de entre o total das actividades subvencionadas, «unhas 80» son festas tradicionais e populares, mentres que 50 son eventos deportivos.

Sete dos concellos de menos de 50.000 habitantes da provincia, recibiron un total de 73.000 € para o financiamento de 22 actividades, sendo o 50 % festas tradicionais e populares.

En Poio, Ponte Caldelas e A Lamba, a Deputación inverteu 36.000 €. Por outro lado, Barro e Cotobade reciben 11.000 €, Campo Lameiro 9.000, e finalmente Vilaboa levará 6.000 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.