«Nós fomos a Suiza a traballar, non a levar cartos en negro»

Emigrantes retornados aos que a Axencia Tributaria abriu expedientes nos que lles reclama o pago do IRPF- coas correspondentes multas- volvéronse concentrar este mércores en varios concellos, nos que denunciaron o «cinismo político» ao respecto da súa situación, sobre a que os responsables públicos aseguran que van a poñer unha solución ao tempo que seguen chegando cartas de sancións para este colectivo.

«Nos fomos a Suíza fomos a traballar e a traer cartos para aquí, non fomos levar diñeiro, mentres que noutros casos o levan e os amnistían; que non queremos para nós, queremos que nos traten con xustiza», esixiron ao tempo que indicaron que “se para eles é un deporte atacar sempre os máis débiles, verdadeiramente vai haber que botalos de aquí ou facer algo, porque isto é catastrófico».

Os representantes das asociacións de emigrantes retornados lamentaron que “nun país con saldo vexetativo negativo»veñan a masacrar o último reduto económico e social» que queda e lembraron que “nos estamos a soster unha parte importante deste país, e Montoro non se decata».

Estes traballadores xubilados piden que se modifique a lei 35/2006, co fin de “equiparar a tributación das pensións das persoas que emigramos” e dos que non, e que «paren os expedientes sancionadores”

Os afectados lembraron que na campaña actual da Renda fíxose unha salvedade na que se especifica que as pensións e xubilacións da emigración tamén teñen que tributar, “se iso o dixesen en 2008 evitásemonos moitos problemas e casos dramáticos desa xente que non ten eses 10.000 ou 15.000 € que lle reclaman», ao tempo que explicaron que “con pensións de 1.000 € non aforras esas cantidades, máis aínda nas casas nas que coa xubilacións estás mantendo aos fillos, que están sen traballo, e aos netos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.