Comarcas

As Plataformas de Afectados polas Preferentes de Pontevedra, Marín e O Salnés, deixan «a loita na rúa»

Manifestación de afectados en Pontevedra (arquivo)/Tresyuno Comunicación

Os integrantes das plataformas de Afectados polas Preferentes de Pontevedra, Marín e O Salnés anunciaron este xoves que abandonan «a loita na rúa» tras recuperar os seus aforros. Segundo informaron, este logro supón que os máis de 300 integrantes da plataforma de Pontevedra-Marín recuperaron uns 10 millóns de euros e os aproximadamente 250 prexudicados do Salnés, entre 8 e 9 millóns. Nesta última plataforma quedan tres afectados pendentes de resolucións xudiciais.

O voceiro da Asociación de afectados de Pontevedra-Marín, confirmou que esta plataforma se sumará a todas as demandas que se presenten ante a Audiencia Nacional contra os «responsables desta estafa».

Para a plataforma “empeza unha nova etapa que ten como propósito conseguir que os responsables da venda de preferentes e subordinadas paguen por iso». Ademáis, tamén esixirán a retirada das sancións impostas aos afectados pola súa participación en distinto tipo de protestas, aínda que aclararon que ningún membro da plataforma de Marín e Pontevedra está afectado por multa, non obstante, hai aforrador de O Salnés con dúas multas agora recorridas. En todo Galicia se impuxeron sancións por un total de 20.000 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.