Vigo al minuto

Veciños de Teis denuncian máis roturas de tubaxes, a última este mesmo mércores

A Asociación Veciñal de Teis, ven de denunciar, de novo, máis roturas da rede de abastecemento de auga nunha parte das rúas do barrio, “que padecemos desde fai anos, sen que o goberno municipal esixa a concesionaria Aqualia, un plan de renovación das redes de abastecemento e saneamento que recolla todas as rúas con roturas”.

A asociación lembra que, durante a elaboración e tramitación do orzamento municipal de 2014, está asociación solicitou, tanto ao goberno municipal como ao Partido Popular, a inclusión dunha partida de mellora da rede de abastecemento de auga nos orzamentos, durante o período  de alegacións aos orzamentos “solicitamos a inclusión dunha partida que permita a substitución das tubaxes actuais, por un importe de 250.000 €, alegación que foi rexeitada no Pleno de aprobación do orzamento municipal celebrado este mes”.

Segundo os responsables da asociación,  o pasado sábado e este mércores, na avenida de Galicia, o martes no camiño de Cancelo e fai unha semana na Subida a Ponte, volveron a producirse varias averías- a deste mércores pola mañá, á altura da igrexa da Nosa Señora das Neves, provocou unha vez máis o corte do suministro de auga dende as 8 “corte que aínda se mantén”-.

Está continuas roturas, salienta a asociación, “provocan molestias a veciñanza, pois hai corte do suministro,  nalgún caso inundacións de baixos comerciais e amosa a falta de control sobre as concesionarias dos servizos municipais”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.