Dende o 1 de xullo, a Xunta recorta en 394 horas a operatividade dos helicópteros do 061

Como adiantou vigoalminuto o pasado 27 de decembro, a oferta de contratación do servizo de transporte aéreo medicalizado publicada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que entrará en vigor o día 1 de xullo, reducirá a operatividade actual destas aeronaves en preto de 400 horas.

Isto quere dicir que o dia 30 de xuño os dous helicópteros estarán a traballar dende as 6:57  ata as 22:16  e o dia 1 de xullo o helicóptero de Compostela traballará dende as 6:57 até as 18:57 e o de Ourense dende as 10:16 as 22:16, o que supón 6 horas menos de operatividade para atender situacións de emerxencia que puideran xurdir en calquera punto de Galicia.

“Poñéndonos en situacións prácticas, un accidente grave acontecido na Costa da Morte ás 8 e media da tarde, ten o helicóptero mais próximo en Ourense a 40 minutos de voo, e a ambulancia medicalizada máis próxima a 97 Km”.

O novo contrato licitouse por unha cantidade de 9.440.000 € por catro anos para dous helicópteros, mentres que o anterior contrato da Axencia Galega de Emerxencias adxudicouse no ano 2009 por 12.600.000€ por catro anos para tres helicópteros -2 helicópteros con configuración sanitaria en servizo ‘de orto a ocaso e 1 con configuración mixta en servizo en horario H12’-.

A CIG-Saúde denuncia que “os efectos prácticos deste novo contrato serán que os servizos de asistencia sanitaria que até o de agora se atendían con helicóptero, por ser o recurso mais axeitado, terán que ser atendidos por medios terrestres, empeorando a calidade do servizo recibido polo doente e, sobre todo, empeorando o tempo de resposta a estes doentes”.

 

También te puede interesar