Dende o 1 de xullo, a Xunta recorta en 394 horas a operatividade dos helicópteros do 061

Como adiantou vigoalminuto o pasado 27 de decembro, a oferta de contratación do servizo de transporte aéreo medicalizado publicada por Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que entrará en vigor o día 1 de xullo, reducirá a operatividade actual destas aeronaves en preto de 400 horas.

Isto quere dicir que o dia 30 de xuño os dous helicópteros estarán a traballar dende as 6:57  ata as 22:16  e o dia 1 de xullo o helicóptero de Compostela traballará dende as 6:57 até as 18:57 e o de Ourense dende as 10:16 as 22:16, o que supón 6 horas menos de operatividade para atender situacións de emerxencia que puideran xurdir en calquera punto de Galicia.

“Poñéndonos en situacións prácticas, un accidente grave acontecido na Costa da Morte ás 8 e media da tarde, ten o helicóptero mais próximo en Ourense a 40 minutos de voo, e a ambulancia medicalizada máis próxima a 97 Km”.

O novo contrato licitouse por unha cantidade de 9.440.000 € por catro anos para dous helicópteros, mentres que o anterior contrato da Axencia Galega de Emerxencias adxudicouse no ano 2009 por 12.600.000€ por catro anos para tres helicópteros -2 helicópteros con configuración sanitaria en servizo ‘de orto a ocaso e 1 con configuración mixta en servizo en horario H12’-.

A CIG-Saúde denuncia que «os efectos prácticos deste novo contrato serán que os servizos de asistencia sanitaria que até o de agora se atendían con helicóptero, por ser o recurso mais axeitado, terán que ser atendidos por medios terrestres, empeorando a calidade do servizo recibido polo doente e, sobre todo, empeorando o tempo de resposta a estes doentes».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.