RGPD - Cookies
Deportes Vigo al día

As Travesas, sede do Campionato de España de ximnasia acrobática, dende este venres

O Campionato de España de ximnasia acrobática recibirá nas Travesas este venres e sábado a máis de 250 deportistas de oito clubs pertencentes a Madrid, Andalucía, Valencia e Galicia.

Ás 4 da tarde deste venres comezará un evento no que contenderán ximnastas de 7 a 20, entre eles os integrantes do clube vigués Flic Flac que, segundo o seu adestrador, pretende facer «un bo papel, con moitas medallas». En rolda de prensa, Jorge Méndez presentou ao trío senior, composto por Nerea Otero, Belén Gómez e Iria Paz, que son parte das 32 ximnastas do clube- 8 delas integrantes da Selección Española, e que tamén  estarán presentes, o mes que ven en Francia, no Campionato Mundial.

O prezo das entradas é asequible: un bono adulto (maiores de 18 anos) por 10 € dá dereito a ver as tres sesións -venres pola tarde, sábado pola mañá dende as 9:00 horas e sábado polo serán a partires das 4-, e de 12 a 18 anos custa 5 €. A entrada por sesión é de 2 e 4 € e os menores de 12 anos entran de balde.

 

También te puede interesar