RGPD - Cookies
Vigo al día

14 novos semáforos con sinal acústica activada por bluetooth que evitan as molestias sonoras

O alcalde e o concelleiro de Tráfico comprobando o funcionamento dos novos semáforos

Vigo dispón xa de 14 semáforos acústicos para invidentes con tecnoloxía bluetooth situados nas seguintes rúas: Luis Braille, Gran Vía, Brasil con Gran Vía, Paraguay con Gran Vía, María Berdiales con Gran Vía, Lepanto e Urzáiz que son unha alternativa para as molestias que supoñían ata o de agora para os veciños máis próximos o sonido característico dos semáforos para invidentes. As medidas adoptadas ata o momento para paliar estas queixas era reducir o volume e suprimir o son pola noite o que implicaba un inconvinte para os usuarios.

A solución adoptada polo Concello pasar por un módulo de semáforo verde de peón, co altofalante integrado para emitir as sinais acústicas, o que evita a instalación dun semáforo acústico. Este novo módulo, está dotado cun receptor bluetooth que, ante a presencia dunha sinal de bluetooth procedente do teléfono móbil dun invidente, activa a emisión da sinal sonora do semáforo. Este sistema tamén está dotado dun receptor de radiofrecuencia para os asociados que prefiran usar un mando a distancia.

Deste xeito, cando o invidente se alonxe do semáforo e non se atope ningún usuario na zona, os semáforos acústicos deixarán de emitir sons. Por outra banda, durante o curto espazo de tempo que de paso dun invidente pola zona, os semáforos soarán a un volume óptimo para a súa seguridade. Existe, incluso, a posiblidadade de activar a demanda de paso nos pasos de peóns con pulsador.

Esta funcionalidade non require de instalación de ningunha aplicación no teléfono móbil, polo que serve calquera teléfono para a súa interacción sen necesidade de usar un smart-phone. Simplemente é precisa a modificación da configuración bluetooth do teléfono.

 

También te puede interesar