RGPD - Cookies
Vigo al día

Colas de centos de persoas para deixar o curriculo en Empregalia

A cola, este venres pola mañá/Tresyuno Comunicación

Centos de persoas seguen facendo cola para entrar na Estación Marítima de Vigo –na terminal de trasatlánticos- para entregar o seu currículo ou lograr unha entrevista nalgún- ou en varios- dos 30 postos de empresas, como PSA Peugeot Citroën, El Canario, Doral Residencias, Leroy Merlín ou Academia Postal, ou entidades públicas, como o Exército ou a Deputación de Pontevedra – que participan, este venres e mañá, sábado, na feira de emprego, Empregalia.

As previsións son que, segundo a organización, se asinen 70 contratos de traballo durante estes dous días nos que Empregalia estará aberta- hoxe ate as 8 e media da tarde e mañá dende as 9 da mañá ate a 1 e media.

Entre os profesionais máis buscados polas empresas hai que salientar enxeñeiros, mecánicos, empregados de limpeza, técnicos informáticos, comerciais, soldadores ou  operarios de maquinaria.

Protesta da CIG diante da Estación Marítima, na que se celebra esta feira/Tresyuno Comunicación

Pasadas as 10 da mañá, a uns 10 metros da ringleira de entrada, uns vinte delegados e militantes de la CIG, encabezados por su secretario comarcal, Serafín Otero, iniciaron unha protesta para denunciar a celebración desta feira que calificaron de “acto de propaganda do PP”.

Otero subliñou que estos actos non aportan solución algunha á creación de emprego e denunciou que as mesmas empresas que participan ofrecendo emprego, despediron a centos de persoas nos últimos anos polo cal, veñen a ofrecer contratos en precario para pagar menos polos mesmos traballadores, pero mellor formados”.

 

También te puede interesar