Galicia

A Xunta prohíbe as queimas agrícolas e forestais, tamén as aprobadas, ante o aumento da temperatura

As queimas de restos agrícolas e forestais quedan prohibidas en Galicia a partir deste sábado, e ata novo aviso, “tendo en conta as condicións actuais de temperatura e vento e as previsións para os vindeiros días”. Isto implica que quedan tamén en suspenso os permisos xa concedidos, xa que as comunicacións e autorizacións de queima carecen de validez.

A decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén tendo en conta que a normativa pola que se regulan medidas relativas á prevención de incendios forestais, á protección dos asentamentos no medio rural e á regulación de aproveitamentos e repoboacións forestais– prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control, especialmente nos días de vento.

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural pide colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delituosa incendiaria da que teña coñecemento.

 

También te puede interesar