Comarcas

Centos de persoas rodean o Parlamento de Galicia para pedir unha ‘República Galega’

Fotografía:@obloque

Centos de persoas participaron este sábado nun abrazo simbólico ao Parlamento de Galicia para reclamar unha República galega. No acto participou o voceiro nacional do BNG quen criticou que o PP e o PSOE resolvan a “crise profunda” do sistema institucional e da monarquía de “tapadillo”.

Xavier Vence lamentou que as decisións se tomen “fóra das institucións democráticas” e que a crise institucional e política” se intente resolver sen “darlle voz á cidadanía”.

O voceiro do Bloque defendeu que “se permita que Galicia teña capacidade de interlocución nas institucións internacionais para defender os nosos intereses, para defender outro tipo de políticas fronte á Troika que creen emprego e riqueza neste país, esta é a preocupación fundamental da cidadanía”.

 

También te puede interesar