
Centos de persoas participaron este sábado nun abrazo simbólico ao Parlamento de Galicia para reclamar unha República galega. No acto participou o voceiro nacional do BNG quen criticou que o PP e o PSOE resolvan a «crise profunda» do sistema institucional e da monarquía de «tapadillo».
Xavier Vence lamentou que as decisións se tomen «fóra das institucións democráticas» e que a «crise institucional e política» se intente resolver sen «darlle voz á cidadanía».
O voceiro do Bloque defendeu que “se permita que Galicia teña capacidade de interlocución nas institucións internacionais para defender os nosos intereses, para defender outro tipo de políticas fronte á Troika que creen emprego e riqueza neste país, esta é a preocupación fundamental da cidadanía”.
