Galicia

A Xunta presenta no Supremo o recurso contra a sentenza do ‘Prestige’

A Xunta formalizou ante o Tribunal Supremo o recurso de casación fronte á sentencia da Audiencia Provincial da Coruña en relación co accidente do Prestige.

Os servizos xurídicos do Goberno galego recorreron ao alto Tribunal a sentenza emitida o pasado 13 de novembro en relación á absolución do capitán do buque sinistrado, Apostolos Mangouras por considerar que o responsable do barco no momento do seu afundimento incorreu en delito contra os recursos naturais e o medio ambiente, delito por danos por imprudencia grave, ademais dun grave delito de desobediencia á Autoridade marítima española.

Na mesma liña, a Xunta considera que Apostolos Mangouras incorreu en graves neglixencias coma o sobrecalado do barco que presentaba o barco, a manobra de adrizamento do barco despois do accidente que anulou toda alternativa de salvamento, empeorando gravemente a súa situación. Ademais, o recurso pon de manifesto o estado deficiente de dispositivos de seguridade que presentaba o Prestige, o que o goberno galego considera graves desatenciones das obrigacións básicas do capitán sobre o control dos elementos de seguridade do barco, tanto da súa navegabilidade, como dos medios de resposta frente a unha avería ou situación de emergencia.

O goberno galego considera que a sentenza da Audiencia Provincial debe ser anulada por infracción de dereitos fundamentais e por infracción da Lei. Reclama a aplicación do Convenio Internacional sobre Responsabilidade Civil por danos debidos a contaminación por hidrocarburos de 1992, e do Convenio Internacional sobre a Constitución dun Fondo Internacional de Indemnización de danos debidos a contaminación por hidrocarburos (FIDAC) de 1992, en relación ca responsabilidade civil derivada destes delitos.

Polo tanto, a Xunta reclama 1,3 millóns de euros polo custe estimado correspondente ao reciclado e eliminación de 10.000 toneladas de residuos de fuel mezclado con arena, auga, plásticos, e otros elementos. Así mesmo, considera que procede que o Tribunal Supremo recoñeza unha indemnización polos danos medioambientais a medio plazo producidos como consecuencia do accidente, por considerar debidamente acreditados tales danos e que cuantifica en 2.433 millóns de euros.

O recurso plantexado pola Xunta mantén que deben ser declarados responsables civís dos danos producidos, tanto ao capitán do Prestige, coma a compañía aseguradora do barco, “The London Steampship Owners Mutual Insurance Associatión LTD” (The London P&I), e á naviera armadora do buque “Universe Maritime, LTD.”, coma responsable civil subsidiaria. Solicitando a declaración de responsabilidade civil directa e solidaria para a compañía aseguradora hasta o limite cuberto pola póliza, 1.000 millóns de dólares.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.