Ciencia y Tecnología

Comeza #INLUGO14 sobre redes sociais de referencia en Galicia

O evento máis importante de Internet en Galicia ten lugar na provincia lucense, baixo a denominación #INLUGO14. Ás 16:30 horas comeza o congreso coa ponencia do corresponsal de guerra e blogueiro, Ramón Lobo; participarán a xornalista do Huffington Post, Delia Rodríguez; así como blogueiros de calado internacional, Pepo JiménezEfrén Vázquez.

A xornada que celebra a súa segunda edición, foi seguida en 2013 por máis de 2.000 internautas a través das redes sociais. A iniciativa cofinanciada nun 80% por fondos europeos do Innova-TE, ten como propósito fomentar o uso das novas tecnoloxías entre a poboación galega.

Tras esgotar as 200 entradas destinadas ao Salón de Actos da Deputación, auméntase a tirada para o Salón de Plenos. Os interesados poden conseguir unha acreditación gratuita en www.deputacionlugo.com ou www.inlugo.com.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.