
A plataforma sindical de traballadores da sanidade pública ven de chama á cidadanía a «rebelarse» contra o peche de camas previsto pola Consellería de Sanidade para este verán e animan a participar nas concentracións deste martes, día 3, ás 10 e media.
CIG, UGT, CCOO, CESM-OMega e CSIF denuncian que hai pacientes que esperan «dende hai máis dun ano» para operarse nalgunha patoloxía en Galicia. «A poboación ten que protestar», indican ao tempo que advirten de que o peche de camas previsto para o período estival «incrementará o sufrimento» dos enfermos, así como «o paro no sector sanitario» e suporá «máis lucro para a privatización».
Os sindicatos afirman que é falso que o peche de camas anunciado por Sanidade «teña que ver coas vacacións» dos traballadores. «Non se van todos ao mesmo tempo» e desmentiron que exista un pacto sobre o devandito peche.