Traballadores da Sanidade convocan concentracións, este martes, contra o peche de camas nos hospitais

Personas no Meixoeiro (Arquivo)/Tresyuno Comunicación

A plataforma sindical de traballadores da sanidade pública ven de chama á cidadanía a «rebelarse» contra o peche de camas previsto pola Consellería de Sanidade para este verán e animan a participar nas concentracións deste martes, día 3, ás 10 e media.

CIG, UGT, CCOO, CESM-OMega e CSIF denuncian que hai pacientes que esperan «dende hai máis dun ano» para operarse nalgunha patoloxía en Galicia. «A poboación ten que protestar», indican ao tempo que advirten de que o peche de camas previsto para o período estival «incrementará o sufrimento» dos enfermos, así como «o paro no sector sanitario» e suporá «máis lucro para a privatización».

Os sindicatos afirman que é falso que o peche de camas anunciado por Sanidade «teña que ver coas vacacións» dos traballadores. «Non se van todos ao mesmo tempo» e desmentiron que exista un pacto sobre o devandito peche.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.