RGPD - Cookies
Galicia

54 feridos nas estradas galegas nunha fin de semana sen mortos

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu a 54 persoas debido a 40 accidentes de tráfico rexistrados nas estradas galegas a pasada fin de semana. A Central de Coordinación, segundo indicou o 061, recibiu entre as 3 da tarde do venres pasdo e medianoite deste luns un total de 44 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. O maior número de atencións por sinistros rexistrouse o sábado, con 18 incidentes.

Os recursos sanitarios mobilizados ascenderon a 52. En concreto, as ambulancias medicalizadas realizaron tres saídas; as asistenciais, 43; o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoas; e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en cinco ocasións.

En 47 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en sete ocasións recibiron asistencia no lugar do accidente sen necesitar traslado.

Pontevedra, con 21, foi a provincia con máis accidentes durante os desprazamentos da fin de semana; seguida da Coruña, con 11; Ourense, con cinco; e Lugo, con tres.

 

También te puede interesar