O PP gaña en Galicia con 200.000 votos menos e Podemos supera ao BNG

Feijóo votando este domingo en Vigo/Tresyuno Comunicación

O Partido Popular foi a forza máis votada en Galicia, con 353.289 votos, un 35,1% do total, nas Elección sao Parlamento Europeo celebradas este domingo. Ainda así, en relación con 2009 perde máis de 220.000 votos vaixando 15 puntos, do 50% logrados hai cinco anos ao 35% destes comicios.

O PSOE perde 14 puntos de apoio e preto da metade dos votos que conqueriu en 2009: de 403.141 a 218.189, o que representa o 21,7% do electorado.

AGE– que ía na candidatura de Esquerda Plural- Esquerda Unida , é a terceira forza do país, con 105.605 votos, un 10,5% do total e Podemos entra en Galicia como a cuarta formación política, con 83.719 votos. Pola súa banda UPyD pasa do 1,24% ao 3,47, con 34.881 papeletas.

O Bloque Nacionalista Galego pasa a ser a quinta preferencia dos votantes galegos, logo de perder algo menos de 30.000 votos dos 79.307 que tiña, quedándose co 7,9% do total.

Toda a información aquí

 

 

También te puede interesar