Traballadores e pacientes deitanse no chan dos hospitais en protesta polo peche de camas

Hospital do Meixoeiro

Centos de traballadores protestaron en varios hospitais de Galicia contra o peche de 1.095 camas que a Xunta realizará o próximo verán, nunha xornada reivindicativa na que se deitaron no chan dos centros para demandar ao Sergas que «dea marcha atrás» a esta medida.

Deste modo, os vestíbulos e as entradas de hospitais, traballadores e pacientes escenificaron esta protesta tirados no chan.

Con estas xornadas reivindicativas, que xa se celebraron a semana pasada e volverán ter lugar o próximo 28 de maio, ten como fin ademais de evitar o peche de camas, que se contrate máis persoal para o período estival e que os profesionais non teñan que facer máis xornada da que lles corresponde.

Os participantes nestas protestas denunciaron que como o Sergas non contrata novo persoal para cubrir vacacións, obrigará o persoal fixo a multiplicar o seu traballo suplindo os compañeiros ausentes sendo trasladados de unidade ou servizo malia ter unha praza fixa determinada, o que afecta á calidade asistencial ademais de vulnerar os seus dereitos laborais.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.