¡Ave, Caesar, Arde Lucus te salutant!

A décima edición do ‘Arde Lucus’, que se celebrará do 13 ao 15 de xuño, ofrecerá 200 actividades, 70 delas “novidosas” e que organizan máis de vinte asociacións lucenses e o Concello de Lugo, entre as que se inclúe un desfile de tropas romanas.

O desfile do ‘Arde Lucus’ celebrarase o sábado a partir das 8 da tarde arredor da Rolda da Muralla, e as tropas, con máis de 800 soldados romanos, xuntaranse á altura da rúa Bispo Aguirre. O circo romano tamén chegará o sábado, ás 6 da tarde, na explanada do Pavillón Municipal e accederase logo de pagamento de 2 € de entrada. O Concello habilitará unha zona de acampada no Pazo de Feiras, cunha dispoñibilidade de máis de mil prazas para os asistentes.

Ademais, logo dun convenio con Iberia, todos os voos a Santiago e A Coruña disporán dun desconto do 15% con motivo de o ‘Arde Lucus’, unha festa que este venres se presentará na cidade portuguesa de Braga e da que se fará promoción nas casas de Galicia de Madrid e Nova York.

 

También te puede interesar