RGPD - Cookies

O Celta pecha a tempada en novena posición logo de perder en Valencia (2-1)

Noveno. Ese é o posto no que rematou o Celta esta tempada logo de caer en Mestalla ante o Valencia. Os vigueses non se xogaban xa nada pero iso non afectou ao seu xogo e sairon a polo partido, como puxo de manifestó Nolito, aos 5 minutos, que deixou un estupendo pase a Jonny que habilitou a Íñogo López que anotou.

O Valencia empurrado polo público foi a polo empate cun remate de Vargas que non chegou á portería de Sergio. O Celta seguía co seu xogo e chegaba, o mesmo que facían os locais que aos 40 minutos, por medio de Feghouli, igualaron o marcador.

A segunda parte comezou sen chegadas craras pero aos 10 minutos, a sorte púxose a carón do Valencia: Piate rematou de cebeza, o balón deu nun defensa, despistou a Sergio e entrou.

Alves, o porteiro do Valencia, detivo, aos 14 minutos, un bo saque de falta de Nolito e, no 20, un remate de Madina, logo dun bo pase de Jonny.

Ficha Técnica

2-Valencia: Alves, Joao, Senderos, Mathieu, Bernat, Parejo, Míchel, Feghouli (Araujo, min.89), Jonas (Barragán, min.83), Piatti e Vargas (Alcácer, min.66)

1-R.C.Celta: Sergio; Jonny, Iñigo López (Costas, min.75), Fontàs, Aurtenetxe, Alex López (Krohn-Dehli, min. 56), Oubiña, Madinda Orellana, Nolito e Santi Mina (Mario Bermejo, min.59)

Goles: 0-1, min.5: Íñigo López; 1-1, min.40: Feghouli; 2-1, min.55: Piatti

 

También te puede interesar