SOS Sanidade Pública avisa a Feijóo de que ‘a compra innovadora’ leva ao “saqueo” do Sergas

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública avisou o presidente da Xunta de que a ‘compra pública innovadora’ que leva a cabo o Goberno galego supón “o saqueo da sanidade pública por parte das multinacionais”.

Así manifestouno a plataforma nun comunicado despois de que o presidente Feijóo enumerase, o xoves, logo da reunión semanal do Goberno galego, os “avances no desenvolvemento dos programas ‘Innova Saúde’ e ‘Hospital 2050’”, con case o 70 % dos proxectos contratados ou licitados.

Segundo explicou o presidente, dos case 100 millóns de inversión que supoñen ambos os dous programas, están contratados ou licitados o 50 %- 47,6 millóns – e que as 15 das adxudicacións se realizaron mediante a modalidade de ‘compra pública innovadora’, por un importe de máis de 17 millóns.

SOS Sanidade Pública considera que esta estratexia, compartida por Comunidades como Madrid e Valencia, “segue as estratexias deseñadas dende a Unión Europea controlada por lobbies de presión empresarial das multinacionais” e que o que sucede neste tipo de operacións, é que “a sanidade pública financia a investigación e a compra de bens e servizos novidosos ás empresas privadas. Por se isto fose pouco, o sistema público non se reserva os resultados deste I+D+i para o seu propio uso en exclusiva, senón que comparte coas empresas os riscos e, sobre todo, os beneficios do I+D+i”.

Para a asociación esta “xenerosidade” coa industria tecnolóxica supón que o sistema público “renuncia á investigación en beneficio do sector privado”, que “a realizará con fondos públicos, utilizando para iso os hospitais, os centros de saúde, os traballadores sanitarios e os propios enfermos para o seu experimentos”.

“O negocio para as multinacionais pode ser colosal, xa que a licitación pública na Unión Europea representa preto do 20 % do seu Produto Interior Bruto (PIB).

 

También te puede interesar