SOS Sanidade Pública avisa a Feijóo de que ‘a compra innovadora’ leva ao «saqueo» do Sergas

A Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública avisou o presidente da Xunta de que a ‘compra pública innovadora’ que leva a cabo o Goberno galego supón «o saqueo da sanidade pública por parte das multinacionais».

Así manifestouno a plataforma nun comunicado despois de que o presidente Feijóo enumerase, o xoves, logo da reunión semanal do Goberno galego, os “avances no desenvolvemento dos programas ‘Innova Saúde’ e ‘Hospital 2050’”, con case o 70 % dos proxectos contratados ou licitados.

Segundo explicou o presidente, dos case 100 millóns de inversión que supoñen ambos os dous programas, están contratados ou licitados o 50 %- 47,6 millóns – e que as 15 das adxudicacións se realizaron mediante a modalidade de ‘compra pública innovadora’, por un importe de máis de 17 millóns.

SOS Sanidade Pública considera que esta estratexia, compartida por Comunidades como Madrid e Valencia, «segue as estratexias deseñadas dende a Unión Europea controlada por lobbies de presión empresarial das multinacionais» e que o que sucede neste tipo de operacións, é que «a sanidade pública financia a investigación e a compra de bens e servizos novidosos ás empresas privadas. Por se isto fose pouco, o sistema público non se reserva os resultados deste I+D+i para o seu propio uso en exclusiva, senón que comparte coas empresas os riscos e, sobre todo, os beneficios do I+D+i».

Para a asociación esta «xenerosidade» coa industria tecnolóxica supón que o sistema público «renuncia á investigación en beneficio do sector privado», que “a realizará con fondos públicos, utilizando para iso os hospitais, os centros de saúde, os traballadores sanitarios e os propios enfermos para o seu experimentos».

«O negocio para as multinacionais pode ser colosal, xa que a licitación pública na Unión Europea representa preto do 20 % do seu Produto Interior Bruto (PIB).

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.