O anticiclón empeza a despedirse este domingo

Praia de Samil/Tresyuno Comunicación

Este domingo o anticiclón empeza a decir adeus e chega un aumento das nubes durante, aínda que non choverá ata ben entrada a noite.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, as nubes chegarán ao litoral nas horas centrais do día, acompañadas de brumas, mentres que no interior só se verán nubes de tipo alto, polo que continuará o tempo soleado.

As temperaturas mínimas non terán cambios significativos. As máximas descenderán lixeiramente no litoral atlántico, mentres que haberá ascensos no norte de Lugo. Por cidades, en Ourense chegarán aos 30 graos, mentres que en A Coruña, Santiago, Ferrol, Pontevedra e Vigo – que terá unha mínima de 13- o termómetro non subirá de 23.

Pola súa banda, os ventos soprarán frouxos, de dirección variable pola mañá, tomando un compoñente oeste a partir do mediodía.

 

También te puede interesar