RGPD - Cookies
Deportes

Gómez Noya gaña a terceira proba do Mundial de triatlón en Yokohama e voa para repetir como campión do mundo

Tres de tres. Así é. O ferrolán Javier Gómez Noya ven de gañar en Yokohama a terceriera proba do Campeonato Mundial de Triatlón logo de imponerse nun agónico esprint a Mario Mola e ao sudafricano Richard Murray, que acadou a terceira praza.

Precisamente, foi Murray o que marcou un ritmo brutal nos 10.000 metros que non poideron seguir Alistair e Jonathan Brownlee, que chegaron cuarto e quinto.

Con este trunfo Gómez Noya fortifica a súa primeira praza á fronte da clasificación do Mundial e, ainda que a tempada so acaba de empezar, aumenta as súas posibilidades de facerse, de novo, co título de campión do mundo, que xa ten agora mesmo e que acadou o ano pasado en Londres.

 

También te puede interesar