Sucesos

Atopan morta e con queimaduras a unha anciá de Lourenzá

Unha muller de 83 anos, veciña do concello lucense de Lourenzá foi achada morta con queimaduras no seu domicilio, unha vivenda unifamiliar situada no Pedrón.

Foi un veciño que se aproximou ata ao vivenda estrañado ao non ver luz na súa casa, quen atopou o corpo e deu aviso ao servizo de emerxencias.

A muller que tiña mobilidade reducida o que a obrigaba a andar con dous bastóns, vivía soa, polo que algúns veciños estaban pendentes dela.

A falta dos resultados da autopsia, as primeiras hipóteses apuntan a que puido caer sobre o lume, dado que ao parecer se atopaba queimando uns restos na horta.

 

También te puede interesar