#17Mqueremos galego chama a manifestarse este sábado ao mediodía

Este sábado, Día das Letras Galegas, a plataforma cidadá Queremos Galego chama a secundar as concentracións en todo o país para defender o valor da lingua. Baixo o manifesto ‘Un paso adiante e outro ADIANTE, Galiza!’, ás 12:00 horas se iniciarán mobilizacións en oito cidades e concellos galegos.

En Vigo, a manifestación partirá dende Vía Norte; en A Coruña terá o seu inicio a carón do Teatro Rosalía de Castro; Praza de Armas (Ferrol); Praza do Conde de Fontao (Foz); Xardíns de San Roque (Lugo); Alameda – Xardíns Bispo Cesáreo (Ourense); Praza da Peregrina (Pontevedra); e Porta Faxeira (Santiago de Compostela).

O manifesto de Marica Campo será exposto nas 8 concentracións, facendo referencia que “á nosa lingua, foille imposto históricamente un manual de redución. A que a reduciron? á oralidade, á fala; a unha clase social, os oprimidos carentes de todo poder de decisión; a uns lugares, as aldeas; a unha idade, os vellos”. A plataforma expón que a cidadanía galega son “os responsábeis de lle asegurarmos continuidade”.

O eslogan ‘Un paso adiante …’ defende o uso do galego nos medios de comunicación, Administración, Xustiza, celebracións relixiosas, oferta de ocio, as artes e as letras, novos soportes comunicativos ou no comercio, como espacios de fala galega dun dereito conquistado.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.