RGPD - Cookies

Este venres, Cans pon á venda as 500 entradas que quedan para o festival

Este venres, día 16 o Festival de Cans pon á venda – ás 7 da tarde no Local Parroquial de Cans- as 500 entradas restantes para poder ver as curtas a concurso que se proxectarán o sábado, día 24, día grande do festival. Cada persoa poderá coller ata dúas entradas a un prezo de 12 € cada unha, ou o pack- de entrada + camiseta + programa- poderá facelo ao prezo de 20 €.

Segundo informa a organización, como novidade, e tras o éxito acadado a pasada edición, “este ano dóbrase a sesión matinal do sábado coa posta en marcha de dous pases diferentes das curtas a concurso, un no Baixo de Bugarín e outro no Baixo de Moncho”.

Ademáis, tamén este venres – á mesma hora, no Torreiro de Cans- empezan a venderse as 100 entradas para as proxeccións matinais no Baixo de Moncho, despois de que as 150 dispoñibles para o pase do Baixo de Bugarín se esgotaran o pasado xoves en apenas uns minutos en internet.

Estas dúas sesións matinais desenvolverase o sábado, día 24, de 10 a 12 e de 1 e media a 3 da tarde, con pausa no medio para asistir ao ‘Coloquio na Leira’ de Gracia Querejeta. Non se admiten reservas e só se poderán adquirir 2 entradas por persoa. Ao igual que na sesión de tarde, cada entrada ten un prezo de 12 €.

Ademáis, tamén este venres, poderanse retirar xa as entradas reservadas a través da web, no propio local. Os que non se poidan achegar a Cans o sábado para recoller as entradas reservadas a través da web, poderán facelo durante o festival. A recollida destas entradas poderá facerse o xoves 22 pola tarde, no posto habilitado no Círculo Recreativo e Cultural, no Porriño, no pase das películas, e o venres en Cans.

 

También te puede interesar