Galicia

Israel engade ao Parlamento de Galicia entre os seus «peores e máis extremistas inimigos» por unha declaración de apoio a Palestina

Un 'valente' soldado do Exército de Israel apunta a un neno palestino

A declaración institucional que tradicionalmente o Parlamento de Galicia aproba con motivo do aniversario do inicio do éxodo do pobo palestino pareceulle mal ao embaixador de Israel Alon Bar, que incluíu á Cámara galega entre os seus «peores e máis extremistas inimigos».

No mencionado texto, rubricado por todos os deputados, reclámase da comunidade internacional que esixa a Israel «o cumprimento das resolucións de Nacións Unidas o respecto absoluto dos dereitos humanos dos palestinos, o respecto absoluto dos dereitos colectivos do pobo palestino e o recoñecemento do dereito ao retorno das persoas e comunidades ás terras e casas de que foron expulsadas».

Este último punto é o que molestou o diplomático. «Con esta esixencia, o Parlamento de Galicia únese aos peores e máis extremistas inimigos de Israel, xa que de feito suporía a desaparición do Estado de Israel,», advirte o embaixador nunha carta remitida á presidenta da Cámara, Pilar Rojo.

Bar subliña que chama a atención sobre que esta petición –«aprobada precisamente o día do aniversario da independencia de Israel», quéixase -sitúa a Cámara galega «fóra» do «consenso da Unión Europea sobre os parámetros do futuro acordo de paz entre palestinos e israelís», así como «das posicións defendidas polos sucesivos gobernos de España».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.