Sucesos

En estado grave logo de cortarse unha perna cunha motoserra

L.M.C.T., de 48 anos de idade, está en estado moi grave logo de cortar unha perna cunha mortoserra mentes estaba traballando no concello coruñés de O Pino.

O acidente prodúxose pasadas as 9 da mañá na parroquia de Arca e, segundo os Servizos de Emerxencias, logo do aviso dun veciño movilizouse a Guardia Civil, Protección Civil de O Pino e un helicóptero do 061 que o levou ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

 

También te puede interesar