Comarcas

O voceiro do BNG en As Neves xuntarase cos veciños tras falar co subdelegado sobre os asaltos a casas e veciños do concello

Xosé Manuel Rodríguez, falou co subdelegado para trasmitirlle a precupación dos veciños e coñecer qué medidas vai a tomar para a súa proteción

O voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego (BNG) en As Neves ven de poñerse en contacto co subdelegado do Goberno na provincia, Antonio Coello, para advertirlle sobre os xa continuos asaltos e roubos en casas do concello e coñecer de primeira man as medidas que está a tomar para atallar esta situación.

Coello, que comprometeuse con Xosé Manuel Rodríguez a semana pasada a ter unha conversa extensa con él sobre este tema, asegurou que estaba ao tanto dos feitos por medio dos informes que lle fixo chegar a Garda Civil e aludiu á característica de As Neves como concello fronteirizo como unha das posibles explicacións ao incremento destes actos violentos.

Hai que lembrar que en apenas dúas semanas unha parella maior de Liñares sufriu o asalto de varios descoñecidos, de noite e na súa casa e, logo de bater á muller, causándolle feridas na cabeza, levaron unha importante cantidade de cartos e, hai apenas dous días, pasoulle o mesmo a unha veciña do Rabelo- en Tortoreos: uns descoñecidos entráronlle na casa e, ademais do medo que pasou, dada a súa avanzada idade, a empurraron e precisou asistencia sanitaria.

Maila estes feitos- ademais doutros asaltos, portas forzadas, roubos de diñeiro, ferramentas, materiais de traballo, parte do tendido eléctrico e telefónico, que se producen dende hai seis meses– neste tempo, pese as advertencias e peticións feitas polos veciños e polos concelleiros do Bloque- nin o alcalde nin o goberno local de As Neves tomaron medida algunha polo cal tivo que ser o grupo municipal do BNG quen contactase co subdelegado.

Logo de coñecer as impresións e as medidas que pensa aplicar o responsable do Goberno na provincia para garantir a seguridade dos veciños de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez ten intención de transmitirllas ás Asociacións de Veciños, comunidades de montes, asociacións culturais e cidadáns de todas as parroquias de As Neves, nunha reunión aberta o próximo mércores dia 14, ás nove da noite no Auditorio Municipal.

 

También te puede interesar