RGPD - Cookies
Galicia

Fin de semana sin mortos nas estradas galegas

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 55 persoas debido a 36 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. Entre as 3 da tarde do venres, 9 de maio, ata as 12 da noite deste luns. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, recibiu nestes días 47 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 36 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 55 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 50 % respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 41 % dos atendidos tiña entre os 20 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 18 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 46. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a tres sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 41 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en dúas ocasións.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en cinco ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente, sen necesitar traslado.

 

También te puede interesar