RGPD - Cookies

Comenzan as concentracións no San José da Guía pola supresión do concerto educativo en 5 escolas viguesas

Na xornada de máñan, inícianse as manifestacións no exterior do San José da Guía en protesta pola medida da Consellería de Educación, de eliminar o concerto educativo para aulas de 5 centros da cidade viguesa, afectando ao Colexio Vigo, Mendiño, Daniel Castelao, San Miguel e San José de la Guía.

A decisión aceptada por unaminidade na reunión do pasado venres, 9 de maio, congregou a persoal educativo, familiares, alumnos, directivos de centros e representantes sindicais de CC.OO, FSIE e UGT. Os involucrados declaran “arbitraria” a decisión da Xunta, “invitando a todos os sectores implicados, patronal, traballadores e ANPAS a unirnos para conseguir un obxectivo común: a supervivencia dunha oferta educativa que beneficia a todos”.

A maiores, as escolas comenzarán a efectuar unha recollida de sinaturas, para presentar en xuño na Xunta de Galicia, convocando unha protesta ante a Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela.

 

También te puede interesar