RGPD - Cookies
Galicia

Ana Miranda pediu o voto para o BNG, «porque si está o BNG en Europa, está Galicia»

Ana Miranda, na Praza do Berbés, este xoves pola noite/Tresyuno Comunicación

Ana Miranda, candidata do BNG ao Parlamento Europeo pediu aos votantes que o día 25 se levanten “contra esta Europa que nos esnaquiza” votando ao Bloque porque “se estamos en Europa, Galicia tamén está».

No acto de inicio de campaña, na Praza do Berbés, Miranda denuciou as políticas da dereita e da ‘troika’ “que lles rouban o futuro á xente e traen emigración, pobreza e paro” polo cal defendeu o dereito a “vivir dignamente en Galicia”.

Xunto co voceiro nacional do BNG, Xavier Vence, a candidata salientou que “o Bloque defende a Galicia por riba de todo”, e lembrou que “o BNG sempre foi a voz deste país no Parlamento Europeo, quen deu a palabra aos gandeiros, á pesca de baixura, aos mariscadores, ao naval de Vigo e de Ferrol, aos mariñeiros da flota cefalopodeira, aos estafados das Preferentes, aos que loitaron contra a megaminería e aos que reclamaban o saneamento das Rías, porque si está o BNG, está Galicia”.

 

También te puede interesar