Galicia

García Baquero se instalará en Palas de Rei e fará queixos baixo a denominación Arzúa- Ulloa

García Baquero, o maior fabricante de queixos de toda España, instalarase no concello lucense de Palas de Rei, nas instalacións da vella queixaría ‘Castillo de Pambre’.

Así o confirmou este xoves o alcalde, Pablo Taboada, quen indicou que será unha coa sinatura, en Alcazar de San Juan (Cidade Real), das escrituras sobre a propiedade. “Xa podemos dicir que García Baquero forma parte do parque empresarial de Palas de Rei”, indicou Taboada. García Baquero utilizará as instalacións da antiga fábrica, que leva parada 18 meses e que daba traballo a 9 veciños.

A empresa empezará a funcionar ao longo do verán de xeito que, en outono, xa poda empezar a fabricar queixo, que sairá á venda baixo a denominación Arzúa-Ulloa e estará orientado ao mercado local e á exportación. “A idea é exportar queixo Arzúa-Ulloa mesmo a Sudamérica, a Estados Unidos”, asegurou o alcalde.

 

También te puede interesar